A nosa historia

Só nove.

En case cen anos de Liga, só nove equipos a gañaron algunha vez. Pónos en fila pola orde do seu primeiro título e a última copa é a nosa: o 19 de maio de 2000, en Riazor, fomos o noveno en chegar.

UnDé9 nace de aí. De saber que somos un deses nove. Un de nove.

E o acento?

Non é unha falta. É o «Dale, Dé» da bancada, metido no nome.

A onda

O noso símbolo é unha onda que forma un 9. É o Atlántico que rompe contra A Coruña: o mar co que medramos e o que nos fai como somos.

O que facemos

Roupa para todos os días, non só para os de partido. Deseños discretos, con detalles que só entende quen os viviu. Cada peza fabrícase baixo pedido, para non producir de máis.

UnDé9 é unha marca independente, feita por afeccionados. Non ten relación co club nin usa ningunha das súas marcas.

Dale, Dé.